Domingo 19 maio de 2002 • 21:30 h Teatro | 2,50 €

Cartafol de ronseis:

Cartafol de Ronseis é unha novidosa e atraínte mestura de teatro e literatura. Baixo este título agóchase unha obra teatral na que o personaxe central é un suposto Carballeira que vai dando pé a recitados literarios por parte de entes que aparecen e desaparecen do escenario.

Desta maneira, danse cita en escena autores da súa xeración (Amado Carballo, Manuel Antonio, Castelao…) xunto a artistas anteriores a el (Curros Enríquez, Alfredo Brañas) e mesmo posteriores (Fran Alonso, Celso Emilio Ferreiro, Méndez Ferrín). Tamén se inclúen textos de autores estranxeiros, de Carballeira, dos propios autores e coplas tradicionais.

Todo isto mestúrase cunha procurada innovación escenográfica e audiovisual, con recitados de poemas a varias voces e atrevidas postas en escena, ademais do apoio de diapositivas e son.

É un espectáculo teatral concibido para a ocasión por mozas e mozos de Bueu e por estudiantes de xornalismo en Santiago, para rescatar da memoria ó Carballeira xornalista ilustre.

Visita a web de