Domingo 29 febreiro de 2004 • 21:30 h Música | Prezo por determinar

Antonio Serrano Quartet (Jazz)

Este concerto pertence ó programa Artistas en Ruta da AIE.

ANTONIO SERRANO (harmónica) é un dos poucos músicos de jazz que escollen este instrumento, que nembargantes nas mans e na boca deste gran músico, demostraranos o que pode facer con este minúsculo instrumento. Dentro dos músicos cos que colabora habitualmente citaremos só algúns xa que a lista sería moi longa:

  • Música clásica: Orquestras Sinfónicas de Kiel, Hidelberg, Las Palmas, Sevilla, Orquestras de Radio e Televisión de Colonia, Estambul, Bélxica, Europa, Orquestra de RTVE…
  • Jazz: Chano Domínguez, Perico Sambeat, Jorge Pardo, Bob Sands, Joshua Edelman…
  • Flamenco: Tomasito, Vicente Amigo, Juan Cortés, Esperanza Fernández, Lolita Flores, Navajita Plateá, La Barbería del Sur…
  • Outros: Joaquín Sabina, Pedro Guerra, Ella Baila Sola, Presuntos Implicados, Tontxu…
  • Cine: B.S.O de Carne Trémula, Impulsos, Tiempos de Azúcar…

HORACIO FUMERO (Arxentina), un contrabaixista excepcional, que colaborou durante 16 anos con Tete Montoliú ata a súa morte, pero tamén tocou con xente do nivel de Gato Barbieri, Freddie Hubbard, Johnny Griffin, Bobby Hutcherson, Horace Parlan, Cedar Walton, Sal Nistico, e un longo etc, sen esquencer que tamén está inmerso na música clásica.

JOSÉ REINOSO (Uruguay) no ano 1994 becado no Berklee College of Music, regresa ao seu país e toca coas principias figuras, realizando xiras por Brasil, Argentina e Europa, tocando nos mellores festivais de Jazz (Montreux, Jazz à Vienne, entre eles no de Lugo do ano 2001…) Colaborou con numerosas figuras importantes como Michael Philipe Mossman, John Nugent, Mayle Martín, Luis Salinas…

OSCAR GIUNTA (Argentina) Batería xoven que no ano 2003 foi premiado como o mellor baterista argentino, colaborou con xente da talla de Philip Catherine, Adrián Iaies, etc.

Visita a web de Antonio Serrano Quartet