aturuxo bar|bueu

 

ACTUACIÓN

Domingo, 11 outubro de 2009 • 21:00 h | Música

Transilvanians (Vigo)

Prezo por determinar

A banda fórmase en Vigo a finais do ano 2004, con membros procedentes doutros grupos de diversos estilos musicais: Dakidarria, Skacha, Siniestro Total, Os Resentidos, Skarnio, Frangos... Devotos confesos da música tradicional xamaicana móvense entre estilos como o ska, rocksteady ou o reggae, sen deixar de lado influencias soul, R&B, surf, etc. Isto unido á súa paixón polo xénero de terror, a serie B e a ciencia-ficción conforman unha proposta cando menos orixinal.

Visita a web de Transilvanians