Domingo 13 setembro de 2009 • 21:00 h Música | 8,00 €

Viticus (Rock / Arxentina), Phantom Club (Funk rock / Tui, Vigo, Buenos Aires)

VITICUS nace a comezos do 2002, cando Vitico, fundador de RIFF xunto con Pappo, reúne ao seu fillo Nicolás, o seu sobriño Sebastián para formar a nova banda de rock. En 2003 súmase Ariel Rodriguez, e así logran a formación actual con tres guitarristas e tres cantantes. A finais dese ano edítase o seu primeiro disco, “VITICUS”, gravado no estudo “El Abasto”, con Claudio Romandini como enxeñeiro e o gañador do Grammy Alvaro Villagra supervisando todo o proceso.

Formada no verán de 2002, PHANTOM CLUB soubo levar a fusión do funk-rock a cada rincón de Galiza e gran parte do territorio nacional e portugués, da man de músicos nacidos en Tui, Vigo e Buenos Aires, destacando a súa forza escénica como principal característica de ADN. Tras dúas maquetas ás súas costas, no 2008 presentaron o seu primeiro EP, “FUNKSIONA!”, gravado nos prestixiosos estudos Océano, baixo a dirección de Javier Abreu e a produción artística do histórico guitarrista arxentino Claudio Gabis, enlace directo a Buenos Aires onde pretenden consolidarse no importante mercado sudamericano.

Visita a web de Viticus

Visita a web de Phantom Club