Descemer Bueno e Kelvis Ochoa son coñecidos entre outras cousas por compoñer a banda sonora da película Habana Blues, pola cal no ano 2007 lles deron o Goia pola mellor música. Fai un ano gravaron a banda sonora dunha película rodada en Chiapas chamada Corazón del Tiempo. Entre o seu percorrido musical están grupos como Estado de Animo, Siete Rayos ou Columna B. Descemer Bueno é un dos pioneiros do movemento de hip-hop cubano da última década, e Kelvis Ochoa destaca por compoñer para Raimundo Amador, Tomasito e Beatriz Márquez entre moitos outros. <(p>