Domingo 23 novembro de 2025 • 19:00 h Música | Entrada 6€ anticipada // 8€ billeteira
LUISMI PARTERA Compositor, cantante... Cádiz.
Luismi Partera presenta o seu novo traballo, Vendrás (2024), en formato en solitario (guitarra, voz).
Trátase dunha elexía composta por dúas pezas adicadas a unha das persoas máis importantes da súa vida. Unha canción de amor e dor dende unha pequena vila con vistas ao océano.
Nado en Cádiz, é un compositor, cantante e guitarrista que adica a súa vida á exploración e ao desfrute das texturas e as harmonías.
Tras unha infancia e adolescencia en Cádiz, decidiu mudarse a Madrid para desenvolver a súa carreira musical, onde absorbeu unha ampla variedade de experiencias e colaboracións que deron como resultado o seu primeiro álbum de estudio, Sanjuán (2022), seguido de Vendrás (2024).
Máis información:
Un vido da canción Sanjuán.
https://youtu.be/GR-WszU6CeM
Tamén en Spotify:
https://open.spotify.com/artist/21SQJsIwXNsE2WoJKKPYTI?si=GeAQG6BIS8edYdyA1EaNPw
Para mercar entradas anticipadas:
https://entradium.com/events/luismi-partera-en-aturuxo ou tamén podes topala na barra do Aturuxo.
comments powered by Disqus