Sábado 13 setembro de 2025 • 12:00 h Música | 8€ na barra do Atu.

Mansión (Pop alternativo, Vigo) + Pablo y los Ciervos Dorados (Rock frondoso, Pontevedra)

Mansión (Pop alternativo, Vigo) + Pablo y los Ciervos Dorados (Rock frondoso, Pontevedra)

CONCERTO NO HORARIO DE 12h00 A 14h00.

Mansión.

Os integrantes da Mansión negaron, nunha nota de prensa a un xornal galego, ser un grupo de pop ao uso.

O xornalista escribiu, quizais por errata, que facían, precisamente “pop ao uso”.

O tipo non andaba mal encamiñado, polo menos se entendemos o pop coma eles o entenden: coma un exercicio musical que quere expresar con ferramentas sinxelas as cousas da vida, as lixeiras pero tamén as profundas.

Máis info:

https://mansiongalicia.bandcamp.com/album/primera-juventud

https://youtu.be/5f4D2RWXNk4?si=z7qjFudzKNxHt87L

https://www.instagram.com/mansionvigo

Pablo y los Ciervos Dorados.

Pablo y los Ciervos Dorados é un grupo que soa no pub cando non hai ninguén, porque mólalle ao DJ e apetécelle e punto. Cancións longas cun puntiño de slowcore ao Red House Painters ou Low cunha pinga de Slint ou Velvet Underground. Incluso con ambicións de Leonard Cohen ou Lisa Germano, porqué non.

Pablo (de outros grupos como Columna Vegana, Carne Blanca e bueno, Pablo Corbillón), cos seus compadres Elena e Muellín (doutros grupos como en fin, Muellín).

Máis info:

https://pabloylosciervosdorados.bandcamp.com/track/ciervo-dorado

https://youtu.be/kyRDk9Ur6ME?si=iEyv6I8yDQDPH95e

https://www.instagran.com/pablociervitos

comments powered by Disqus