Domingo 17 agosto de 2025 • 20:30 h Música | 8€ na barra do Atu.
Felix Slim. The Brooklyn blues hand

Gañador do 2º lugar na categoría de Solo/Dúo do International Blues Challenge (IBC)2020 e galardoado co Lee Oskar Best Harmonica Award.
Recoñecido como un dos músicos de blues e derivados máis destacados do Estado, Félix Slim provén da cidade autónoma de Ceuta, desenvolveuse musicalmente entre Sevilla e Cádiz e reside en Brooklyn, Nova Iorque, onde forma parte esencial da escena blues, roots, americana desde 2016.
Memphis, Tennessee Clarksdale, Mississippi e New Orleans son tamén algunhas das cidades norteamericanas quse o artista visita regularmente.
Autodidacta en varios instrumentos, especialízase en blues, ragtime e swing das décadas do 1920 e 1940. Inspirado nos sons do Delta, Piedmont e Texas,Slim amosa a súa maestría na guitarra slide, o fingerpicking e diversas afinacións. As súas interpretacións dinámicas de clásicos de blues e composicións orixinais, fusionadas con elementos de flamenco, rebetiko e jazz manouche, cautivaron a audiencias nos oito álbums e en máis de quince países e catro continentes.
Coa súa habilidade na armónica e o kazzo, xunto cun estilo vocal único, Slim crea un son vintaxe fresco e distintivo. A súa capacidade para conectar e cautivar ao público dou lugar a actuacións en vivo abraiantes, misturando o humor e a calidade das súa raigame andaluza coa esencia cruda do blues.
Máis info:
Canal Youtube:
https://www.youtube.com/@felixslim4800/featured
Instagram: https://www.instagram.com/felixslim29/
Website: www.felixslim.com
comments powered by Disqus