Domingo 27 outubro de 2002 • 22:00 h Música | 2,50 €

A Viñalar Fantastic Band (Música ta(b)bernaria / Campolongo-Pontevedra)

A Viñalar Fantastic Band é un grupo formado na banda oeste do río dos Gafos, sito no moi populoso barrio de Campolongo.

Con 3 anos de rodaxe ás súas costas, vai virando lentamente de rumbo, pero dunha maneira completamente desordenada e caótica, e se nun principio pode parecer unha banda de folc purista, nada máis lonxe da realidade. Ten un espíritu after-punk totalmente marcado, e a súa denominación, “de taberna”, é xusta, traendo temas propios e destrozando versións de “classics”.

A Viñalar son:

  • Pedro “Mulligan”: baixo, guitarra e voz
  • Tony “Carson”: baixo eléctrico
  • Bura “Damian”: guitarra acústica e mandolina
  • Santi “Blood”: guitarra andaluza
  • Xan de Bretaña: percusión
  • Alberto “Supermarvel”: tarrañolas e coros
  • David “Harpo”: tin whistle, acordeón e voz

Visita a web de A Viñalar Fantastic Band