Sábado 9 agosto de 2025 • 21:30 h Música | 10€.

The Oddballs (rock, Málaga) Nékrora (punk rock, Cangas)

The Oddballs (rock, Málaga) 

Nékrora (punk rock, Cangas)

The Odballs.

Sobre eles dixo Diego R.J.(El Sótano de Radio 3): “Son como o tren da esmorga que vai directo ao inferno”.

Veñen presentar o seu último disco, El Rayo (Folc Records), e así van chegar.

Estes malagueños veñen cheos de enerxía e prometen baile e troula a partes iguais.

Non nos dá chegado o momento de que estean por aquí dando tralla coas súas guitarras.

Nékrora:

Banda de punk rock galega nada en Cangas do Morrazo (Pontevedra) na primavera de 2022. A banda está composta por tres amigos do instituto, e os seus directos caracterízanse pola naturalidade e espontaneidade entre os seus membros no escenario, ademais do estilo e enerxía que desprenden as súas cancións.

Na actualidade a banda está inmersa na promoción do seu primeiro álbum de estudo “Jodechinchos”. Neste trátanse temas sociales como a masificación turística do sur de Galicia, a sociedade de consumo, o estrés laboral, a insatisfacción vital, o ocio nocturno ou os arroaces da ría, cun toque de retranca e sátira sempre presentes nas súas letras.

comments powered by Disqus