Venres 14 xuño de 2002 • 21:30 h Clown | 3,00 €

Cousas de Mulleres: Os Sete Magníficos Máis Un

Cousas de mulleres é unha loucura permanente onde a gargallada do espectador está completamente asegurada e na que esta panda de sete kamikazes do nariz vermello tíranse en caída libre e sen paracaídas, para demostrarlle ó mundo enteiro que aínda hai moito que facer na defensa da muller e, sobre todo, que temos que rir e, sobre todo, aprender a rir de nós mesmos.

Cousas de mulleres consta de cinco sketchs, protagonizados por sete clowns, aparentemente independentes entre si, nos que teñen cabida os personaxes máis tolos e inesperados nas situacións máis insólitas e ridículas: un cowboy que apunta ó público con plátanos, un mestre de danza clásica con problemas de identidade, unha Cincenta nada inxenua, unha fada madriña acelerada de máis, un político politicamente incorrecto e un servicio de limpeza que revoluciona a todos e todas cando alza a súa voz, tolo elo introducido ó sorprendido público por un presentador improvisado empeñado en non deixar escapar a súa primeira oportunidade.

Visita a web de Os Sete Magníficos Máis Un