Domingo 12 marzo de 2023 • 20:00 h Música | 8€

Garza + Torso

Garza é un proxecto musical do ourensán Adrian Charlin centrado na electrónica. Os seus directos abren físgoas estilísticas entre o industrial, o trip hop e a música de clube. Divulga a súa música no activo selo Ferror Records

Ibán Pérez é coñecido por ser o artífice do espazo de gravación Estudio Terraforma en O Hío. Torso é o seu proxecto máis electrónico e personal, nunha traxectoria como multiinstrumentista ca que participou en propostas tan interesantes como Tut Vu Vu, Selvática, The Gentle Wire ou a Fee Rega Band.

Farán cadanseu live set no Aturuxo o domingo 12 de Marzo a partir das 20.00.

Entradas (8€) á venda na barra do local.

comments powered by Disqus