Domingo 9 outubro de 2022 • 20:00 h Música | 8€ ant. / 10€ bill.

Kussondulola Som Sistema

Estando na xénese da cultura reggae africana e durante 28 anos na vangarda da escena reggae luso-africana, Kussondulola foi a primeira banda de reggae angolana en merecer un recoñecemento popular, cunha mensaxe de paz, conciencia social e ambiental, sendo estes os principais características desta banda

A xira 2022/2023 “Eu son porque es”, ten como temática a filosofía Ubuntu de orixe africana, baseada nunha cultura de acollida, respecto, axuda mutua, compartir, comunidade, coidado, confianza e xenerosidade.

A Asemblea Xeral da ONU proclamou o período comprendido entre 2015 e 2024 como a Década Internacional dos Afrodescendentes.

Ao facelo, a comunidade internacional recoñece así que as persoas de ascendencia africana representan un grupo distinto cuxos dereitos humanos deben ser promovidos e protexidos.

Neste mesmo sentido, o obxectivo da xira é celebrar e difundir a historia, o papel e a memoria da cultura africana en Portugal e no mundo, reunindo temas do próximo disco, que destaca, entre outros, o tema “África Lx - Riddim”, que celebra a conexión multicentenaria entre o continente africano e Lisboa/Portugal.

Ao mesmo tempo, a actuación tamén inclúe unha recompilación dalgunhas das cancións máis coñecidas de toda a carreira de Kussondulola, presentada aquí en formato soundsystem.

comments powered by Disqus