Domingo 17 outubro de 2021 • 18:00 h Música | 5€

dois,pois (Portugal – AiEnRUTa / 25º OuTonalidades)

Hai dous, un acordeón e unha batería. Entre as curvas dos botóns e as dos timbais, os polirritmos crean rimas. Ás veces é o fol o que percute, ás veces é o bombo o que dispara harmonías. É o diálogo ou o conflito rítmico entre ambos, coa música electrónica coma mediadora. Sónia Sobral e Gonçalo Garcia —dois,pois— atrévense a interpretar as ideas dos novos compositores portugueses. A linguaxe (aínda) ninguén a identifica, pois.

AiEnRUTa / 25º OuTonalidades

https://www.dorfeu.pt/criacao/doispois/

comments powered by Disqus