Domingo 26 xullo de 2020 • 20:00 h Música | 5€

Astrogirl (En cuarteto)

Astrogirl (En cuarteto)

AFORO LIMITADO

Prégase reservar previamente. Infórmate en actividades@aturuxo.net ou no 679 612 655.

Reservas ata o día do concerto ás 14:00.


Astrogirl é Mariaje Cabana, autora e cantora de cancións pop claroscuras con toques folk e un universo sonoro moi persoal, evocador e suxerente.

Unha proposta ante todo honesta, que nace da alma de Mariaje e viaxa directa ás almas do seu público, mecéndoas e transportándoas nunha viaxe chea de misterio e corazón.

As súas letras conectan co mundo interior de quen escoita e lévanlle a descobrer lugares de sí mesmos aos que non sempre se ten aceso.

Conta con varios traballos discográficos no seu haber: Cosmos inside, TORO e Salve serpiente. “Cosmos inside” (EP, 2018) foi grabado e producido nos Estudios Mans, como resultado do segundo premio do certame “Outra+outra 2017”. Trátase dun traballo de corte intimista no que os únicos elementos que aparecen son a guitarra e a voz de Mariaje.

TORO” (LP, 2019) é un traballo moito máis ambicioso. Un disco maduro e redondo de atmósferas pop con certo toque máxico e evocador de estados de ánimo. Reflicte á perfeción o universo Astrogirl; un universo caraterizado pola dozura, a forza, a paixón… un cocktail de delicadeza e bo gusto adornado pola súa fermosa voz, chea de matices, e a contundencia das composicións. Na grabación Mariaje contou cos músicos que actualmente compoñen a súa proposta en directo.

TORO” foi gravado e producido nos estudios Alamo Shock, por Guille Mostaza. “Salve Serpiente” (single, 2020) é o seu último traballo. Trátase dun single no que conta coa colaboración do artista asturiano Nacho Vegas.

A súa proposta de directo pasa por diferentes formatos que se adaptan con versatilidade ás características de cada evento (solo, dúo, trío ou banda). Para iso conta con outros catro músicos: Samuel Pérez (batería), Julián Martínez (baixo), Paul Álvarez (guitarra solista) e Nacho Zaera (sintetizadores). Nesta ocasión apreséntase en formato banda en eléctrico.

Actualmente, antes de que se decretara este Estado de Alarma, Astrogirl estaba inmersa na xira de apresentación do seu disco TORO, que a estaba levando polos escenarios de toda Galicia, e diferentes salas do resto de España. Nestes momentos está retomando ese tour de apresentación, engadindo e reubicando as datas que se conxelaran.


Co apoio da Rede Galega de Música ao Vivo

comments powered by Disqus