Sábado 12 outubro de 2019 • 20:00 h Música | 10€ ant. / 13€ bill.

Mr. Kilombo

Mr. Kilombo

Mr. Kilombo é unha banda mestiza nada en Madrid. Un cóctel musical no que a rumba fai de fío condutor e a timba, o samba, o reggae, o ska e o rock son algúns dos condimentos que se mesturan con elegancia para lograr un clima lisérxico que convida á algarabía e a farra.

As letras, acedas e directas ás veces, sutís e encriptadas outras, son responsabilidade de Miki Ramírez, que á súa curta idade converteuse xa en todo un veterano da composición urbana.

Entradas anticipadas (10€) á venda no local e mais en Wegow.

comments powered by Disqus