Domingo 6 outubro de 2019 • 20:30 h Música | 10€ ant. / 15€ bill.

Pedro Pastor y Los Locos Descalzos

Pedro Pastor y Los Locos Descalzos

Pedro Pastor volve a Bueu, acompañado da súa banda “Los Locos Descalzos”, a presentar o seu terceiro disco “Vulnerables”.

Nel conviven a cumbia co funk, o rap coa champeta, a música africana co folclore latinoamericano sen perder a esencia da canción de autor.

Pedro hai anos que vén enchendo salas, festivais e teatros de toda España e de América Latina converténdose nun claro referente da nova canción hispanofalante. Aválao unha intensa traxectoria con máis de 400 concertos nun total de 17 países diferentes.

Un directo directo, profundo e sinxelo que vai desde o baile ata o pranto, da risa á reflexión.

Descubrilo é infinitamente mellor que as palabras.

Entradas anticipadas á venda no local e mais en Wegow.

https://pedropastorguerra.com

comments powered by Disqus