Xoves 15 agosto de 2019 • 21:00 h Música | 8€ ant. / 10€ bill. 🌿 Ao aire libre

Mato Seco (Roots reggae, Brasil), Combo Rainbow (Roots reggae, Vigo)

Mato Seco (Roots reggae, Brasil), Combo Rainbow (Roots reggae, Vigo)

Mato Seco

A banda Mato Seco naceu en 2002, do encontro de sete grandes amigos de infancia que non sabían nada sobre a teoría da música.

Xuntáronse cada un cun instrumento, autodidactas, foron en busca de espallar as mensaxes de “Resistencia”, marca rexistrada da banda.

Mato Seco vén do Ciclo da Vida. Todos nós pasamos por fases, e Mato Seco é a Resistencia que se fai presente en noso cotián. Unha árbore da seu froito, as súas follas caen, tamén pasa por fases que as fan ficar seca, Mato Seco, resistindo até que novos froitos poidan chegar. Mato Seco é iso: Resistencia.

De São Caetano do Sul para o mundo: hoxe a banda está entre as grandes potencias do reggae brasileiro, vai arrebatando cada vez máis fans e rexistrando grandes vendas de billetes por onde pasa en todo o país, participando dos máis importantes eventos do escenario actual: João Rock; Forró da Lua Cheia, Virada Cultural, Bob Marley Day, Micareta de Feira de Santana, República do Reggae, Femadum, entre moitos outros festivais.

Con máis dunha ducia de cancións na boca dos fans, Mato Seco destácase polas letras ben elaboradas ao lado das mensaxes positivas con connotacións políticas e sociais, co obxectivo de espallar a filosofía do BEN e da XUSTIZA. Os temas Brilho Oculto, Resistência, Tudo Nos é Dado, Caminho da Luz, e Pedras Pesadas, por exemplo, son consideradas himnos do reggae brasileiro.

Combo Rainbow

Mais alá dunha banda de versións, Combo Rainbow é unha viaxe ao corazón da historia da música roots reggae e rocksteady.

Cun repertorio que recolle tema dos 60’s, 70’s e 80’s, moi representativos de cada artista, queremos rendir o noso humilde tributo a bandas como Abyssinians, Dennis Brown, Gladiators, Toots and the Maytals ou Bob Marley & the Wailers entre outr@s.

Con letras de carácter fortemente reivindicativo, sobretodo en relación á igualdade de dereitos, cos temas escollidos transmitimos unha mensaxe chea de valores e conceptos coma a Unidade, o Respeto, a Progresión persoal ou o Amor incondicional, entre outros.

A banda nace en Vigo (Pontevedra) ante o desexo e determinación de manter vivas estas cancións.


Entradas anticipadas dispoñibles no local e mais en Entradium (sen gastos adicionais)


comments powered by Disqus