Martes 13 agosto de 2019 • 21:00 h Música | 7€ ant. / 9€ bill.

Night Shades (Garage punk rock, Nova Zelandia / UK)

Night Shades (Garage punk rock, Nova Zelandia / UK)

Night Shades son un cuarteto con base en Londres pero formado en 2014 por unha parella procedente de Nova Zelandia. O seu son é unha combinación de garage punk e rock & roll que dá como resultado un son ruidoso, romanticamente escuro e inquietante, capaz de atraparte na súa enerxía ‘trashy’!

Tras publicar unha primeira cassette en 2015, a banda publica o seu EP de debut en Halloween de 2017, ‘Evil Dreams.” Seis cancións nas que a guitarra de Shaun desprende a mesma ferocidade coa que os seus berros se enredan ata sucumbir.

A guitarra de Clare gruñe, creando unha corrente de distorsión que baña as súas invocacións mentres o ritmo primitivo de Niall á batería e o baixo de Vince fan que todo retumbe coma se estivésemos perante o día do xuízo final.

En xuño de 2019 publican o seu segundo single en El Beasto Recordings, baixo o título de ‘Dead Nerves / The Desert’.

En directo, Night Shades son capaces de arroxar sombra sobre a noite máis escura e desenterrar esa lápida que parece tapar desde hai tempo o verdadeiro rock & roll.

“The Night Shades tocan cunha vibrante intensidade!” (Grant Bushell, London In Stereo)

“O seu garage punk chama a atención e realmente saben como facer ruído” (Glen Bushell, Punktastic.com)

“Nos Night Shades atopamos un chisco de Nick Cave & The Bad Seeds nas súas cancións máis suaves e, nesta época de caos na música en directo, o que fai sobresaír a esta banda é que son algo novo e nostálxico ao mesmo tempo” (Jacob Milnestein, Gutless Zine)


Entradas anticipadas á venda no local e mais en Entradium (sen gastos).


comments powered by Disqus