Domingo 7 xullo de 2019 • 21:00 h Música | 6€ ant. / 8€ bill. 🌿 Ao aire libre

La Regadera

La Regadera

Desde 2014 esta banda tan inclasificable como recoñecible leva percorrendo escenarios –e polo tanto estradas- de todo o país, insuflando enerxía positiva e alegría a todo aquel que os gozara nun festival (Viñarock, Juergas, Weekend Beach…), nunha cidade (Madrid, Barcelona, Gran Canaria, Sevilla…) ou mesmo compartindo cartel con algún outro artista (Manu Chao, La Raíz, Bad Religion, Dubioza Kolectiv…)

Conforman un estrafalario octeto dalgún deporte aínda por inventar, no que combinan na súa cocteleira particular ingredientes como o ska, o rocksteady ou o punk reberetados con pinceladas de reggae, pop e ‘latin’, das que son boa mostra os seus tres referencias discográficas: “Para que la vida no pare” (2016), “Trovadores” (2017), e o recentemente publicado “Durmir es de Cobardes” (2019) rexistrado en Gárate Estudos por Kaki Arkarazo (coñecido produtor de bandas como Vetusta Morla, Skalariak, Amparanoia, La Maravillosa Orquesta del Alcohol, etc).

A súa proposta culmina nun directo intenso, fresco e colorido, co que conseguen divertir e conmover a unha audiencia sorprendentemente ampla en canto a idade e condición, que non fai senón aumentar co paso das xiras –unhas 100 actuacións co seu anterior traballo así o testemuñan-.

Neste 2019 arrincaron con forza, xa que foron seleccionados para formar parte da novena edición de Girando por Salas” -sete datas en cidades como Madrid, Barcelona ou Vitoria- o que sumado á consecución dun Récord Guinness; lograron tocar no prazo de 24 horas en localidades das 9 provincias de Castela León (todo un fito ao ser unha das rexións máis grandes de Europa), e ao bo puñado de actuacións en festivais (Cabo de Plata, Extremúsika) e cidades de toda a xeografía -incluíndo algunhas incursións por Europa e México- augúralles un exercicio repleto de citas na axenda.

Un quebracabezas de oito pezas deseñado para bailar, emocionarte e vibrar.

La Regadera son:

  • Gonzalo: voz e guitarra.
  • Diego: percusión e voces.
  • Cristian: trompeta.
  • Ibai: trombón.
  • Arturo: baixo.
  • Toño: teclados.
  • Gorka: batería
  • Ixak Arruti: guitarra
comments powered by Disqus