Xoves 20 xuño de 2019 • 17:00 h Música

Galicia, territorio musical (Actuacións e palestra co motivo do Día da Música 2019)

Galicia, territorio musical (Actuacións e palestra co motivo do Día da Música 2019)

Organizan: Deputación de Pontevedra, Músicas ao Vivo e Premios da Música Martín Códax

Galicia vive un gran momento musical que se traduce nun bo número de propostas artísticas que están logrando facerse escoitar fóra do noso país; uns premios da música que levan xa seis edicións dando visibilidade a centos de proxectos; e festivais de gran calidade que ofrecen un valor diferencial ligado ao territorio. O talento que atesoura este sector é innegable, pero as cuestións que se plantexan arredor do feito musical son moitas e complexas: a sostibilidade dos festivais, a supervivencia das salas, a diversidade e a igualdade nas programacións, os atrancos administrativos e lexislativos, o cambio de paradigma global cando se plantexa unha carreira musical… Sobre todos estes temas falaremos o próximo xoves 20, na Sala Aturuxo, en sesión de tarde, para celebrar o #DíaDaMúsica2019, mentres gozamos dos concertos dalgúns dos proxectos premiados na última edición dos Premios Martín Códax da Música.

PROGRAMA

  • 17:00 Concerto: Su Garrido Pombo. Premio Martín Códax da Música 2019 / Canción de Autora.
  • 17:30 Workshop impartido pola Asociación de Músicas Ao Vivo: Sabes xestionar o teu proxecto musical? Como che afecta o cambio de paradigma na contratación; vantaxes das cooperativas de música; e futuras solucións para resolver os atrancos que plantexan o Estatuto do Artista e a Lei de Espectáculos.
  • 19:00 Palestra: Galicia: estratexias dun territorio musical periférico e singular nun mundo global.
    • Rosa Salgado. Responsable de produción e management en Miraxe S. Coop Galega.
    • Miguel de la Cierva. Programador da Sala El Náutico de O Grove.
    • Jordi Lorenzo. Director do Festival SonRías Baixas.
    • Su Garrido Pombo. Premio Martín Códax da Música 2019 / Canción de Autora.
    • Alejandro Guillán ‘Baiuca’. Premio Martín Códax da Música 2019 / Electrónica.
  • 20:30 Concerto: Tanxugueiras. Premio Martín Códax da Música 2019 / Tradicional e Folque.
  • 21:00 Concerto: Baiuca. Premio Martín Códax da Música 2019 / Electrónica.
comments powered by Disqus