Domingo 12 maio de 2019 • 20:30 h Música | 5€

Indy Tumbita & The Voodoo Bandits (Surf, rock, cumbia, instro - Circuíto club-E Estrella Galicia)

Indy Tumbita & The Voodoo Bandits (Surf, rock, cumbia, instro - Circuíto club-E Estrella Galicia)

[Concerto participante no circuíto club-E Estrella Galicia]

A finais de 2015, Indy Tumbita, guitarrista de bandas como Los Duques de Monterrey, Thee Tumbitas, Pedrito Diablo & Los Cadáveras ou Joao Tomba, comeza a traballar no seu primeiro disco de instrumentais en solitario “Bay Vibrations”. Un álbum no que se poden atopar influencias tanto do Spaghetti Western, do son amazónico, do flamenco como do jazz, sempre co característico estilo incendiario e vibrante de Indy Tumbita.

Son amazónico desde as Rías Baixas? Cumbia do Lagares? Exotic Cumbia Rock?… Non atopamos etiquetas para este novo son pero seguro que non pararás de bailar ao son dos bandidos da cidade olívica.

Para a presentación en directo deste traballo Indy Tumbita rodeouse dunha serie de foraxidos que responden o nome de The Voodoo Bandits. Xente perigosa con dotes para a maxia negra que se axustan como unha luva ao guitarrista vigués.

  • Indy Tumbita: Guitarra solista e coros
  • Faus Camaño (Inerttes): Batería
  • Charlie Méndez (Pedrito Diablo, Los Duques de Monterrey): Baixo e coros
  • Littos (Inerttes): Guitarra rítmica
  • Glen Gibb (La Chata, Big Bang Band): Saxo
  • Borja López (Big Bang Band, Los Duques de Monterrey): Trombón de varas
comments powered by Disqus