Domingo 28 abril de 2019 • 20:30 h Música | 6€ ant. / 8€ bill.

Crudo Pimento (GPS9 - Girando Por Salas)

Crudo Pimento (GPS9 - Girando Por Salas)

Crudo Pimento empezan a presentar o seu novo e espectacular disco “Pantame”.

Artista, produtor e luthier, Raúl Frutos, coñecido tamén como o Captain Beefheart da horta do Segura, xunto á fotógrafa e promotora musical Inma Gómez, formaron Crudo Pimento alá polo verán de 2012.

Grazas aos seus instrumentos de fabricación caseira e afinacións imposibles (pau dunha corda, marímbula de follas de serra, tixolas e olas suxeitas con cordas e pinzas de tender), así como á súa orixinal e arriscada proposta, sorprenderon desde o primeiro momento a prensa e público polo seu poderoso e nada previsible directo.

En outubro de 2018 gravaron en Nova York co produtor Marco Buccelli o seu cuarto disco, “Pantame”, que promete moitas novidades.

Girando Por Salas

GPS Girando Por Salas é un Circuíto de Músicas Populares concibido para a promoción das músicas actuais, facilitar aos artistas emerxentes un circuíto de concertos e salas máis aló da súa propia comunidade autónoma e potenciar a música en directo. Está patrocinado polo Instituto das Artes Escénicas e da Música ( INAEM) do Ministerio de Cultura e Deportes, e colabora a Federación Coordinadora do Circuíto de Músicas Populares, formada polas asociacións profesionais do sector da música: ACCES, APM, ARC, ARTE, MUSICAT, PROMUSICAEUFI.

girandoporsalas.com

#NosVemosEnLasSalas


Entradas anticipadas á venda no local e mais en Ticketea

comments powered by Disqus