Domingo 3 abril de 2005 • 21:30 h Música | Prezo por determinar

Nitwitz (Punk / Países Baixos)

Esta xa lexendaria banda de punk procedente de Amsterdan, que xa ten visitado outras salas da penínsulan nos pasados anos, foi fundada a finais dos anos 70 para tentar de seguir os pasos de Stooges, MC5 e Stiff Little Fingers.

Aínda que daquela só se mantiveron durante catro salvaxes anos, en 1996 volveron xuntarse e gravaron o que se converteu nun dos mellores discos daquel ano, demostrando que a súa filosofía, estilo e enerxía non se diluíran cos anos. O seu directo segue sendo unha apisonadora, como moitos de vos xa comprobastes nas súas anteriores visitas.

Visita a web de Nitwitz