Venres 16 novembro de 2018 • 23:00 h Música | 3€

Tremenda Muela

Tremenda Muela

No verán de 2015 reúnense un grupo de amigos para compartir influencias e inquietudes musicais. Partindo de sons como o rock e o funk a súa música flúe entre os máis variados estilos musicais, sen fronteiras nin prexuízos.

A súa única intención é pasalo ben e aprender, sen deixar de lado a profesionalidade que require calquera proxecto se se quere facer as cousas ben.

Os seus membros són músicos cun gran percorrido artístico como Sergio Martín (batería de D’Callaos), Miguel Mendoza (vocalista de Malagana) ou Jose A. Ruiz e Raúl Rojas (baixista e guitarrista de Reversibles).

Despois dun período de preparación e de moitos ensaios, agora chega o momento de compartir a súa música co público de todo o mundo. Para iso lanzaron o seu primeiro cd ‘Prepárate’ e xa se atopan inmersos na súa xira de presentación.

comments powered by Disqus