Mércores 29 agosto de 2018 • 21:30 h Música | 5€

Pólvora (Electrónica / palabra falada. Ao aire libre 🌳🌿)

Pólvora (Electrónica / palabra falada. Ao aire libre 🌳🌿)

O rapsoda Marcos de la Fuente e o produtor 2pas0s unen forzas e talento en ‘Isla Futura’, un disco de palabra falada e música electrónica, na liña de propostas como a de Jamie XX con Gil Scot-Heron ou Angelo Badalamenti con Órbital.

En Vigo xorde este proxecto musical que mestura recitados envolventes de spoken word e pop lírico, con electrónica chill e downtempo. O francés Pierr Chauvency ao baixo e Roberto López Error, co clarinete e sintes, son os outros dous compoñentes de Pólvora, unha banda que fusiona o orgánico e o analóxico co dixital e cuxa lírica bebe doutras formacións da súa cidade como Golpes Bajos, Estereocéano ou B-Flecha.

Adivíñanse as influencias de Massive Attack, Moderat ou Bonobo no seu son, que bascula desde a melancólica sensibilidade do seu tema inicial ‘La Carta Blanca’, unha oda á emigración galega, até o beat noventeiro de ‘Carne de mi carne’ ou ‘Lo nuevo’, onde mostran a súa predisposición ao baile colectivo. ‘Isla Futura’, o single, e ‘En la playa’ destilan un ton máis hedonista e próximo ao pop, aínda que sen abandonar a cadencia que dá corpo a todo o álbum. En ‘El jardín de los ingenuos’ escoitamos as colaboracións vocais da cantante de r&b Lua de Sant e do poeta neoiorquino Bonafide Rojas.

Isla Futura’ é un disco de corte elegante e singular, unha explosión creativa que rompe moldes e prexuízos. Unha peza sorprendente apta para todos os públicos, que se goza cun directo potente e moi participativo. Unha oda Atlántica que reinventa termos como hip hop ou spoken word e cuxa forza reside na súa frescura para axuntar estilos e etiquetas.

comments powered by Disqus