Martes 21 agosto de 2018 • 20:30 h Música | De balde

Viser

Viser

Música en estado puro. Folk, soul, latin music, tex-mex fronteirizo, country rock, rumba axúntanse con guitarra, voz, harmónica e percusión nun trepidante repertorio de autor, no que non falta a canción con conciencia, mantras do camiño e algunha que outra versión clásica, co que nos deleitará Viser neste concerto en solitario.

Cunha traxectoria de máis de 25 anos como músico, cantante e mestre da pedagoxía libre, Miguel Curra preséntanos este proxecto musical no que debuta como solista despois da súa extensa e controvertida traxectoria por grupos como Tombstones, Piores ou Duodeno; orquestras e agrupacións musicais de Galicia; Iitegrante de paso por formacións tan variadas como A Quenlla de Mini e Mero, o ex Celtas Curtos, César Cuenca, Los Delincuentes, o coro A Rá, etc.

comments powered by Disqus