Domingo 19 agosto de 2018 • 21:30 h Música | 5€

The Clearcover Revival (Ao aire libre 🌳🌿)

The Clearcover Revival (Ao aire libre 🌳🌿)

The Clearcover Revival é a máis fiel homenaxe á Creedence Clearwater Revival, unha das bandas estadounidenses máis grandes de finais dos sesenta, e máis influíntes da historia do rock.

A pesar de ser orixinarios de California, o seu estilo musical recolle influencias de toda a xeografía estadounidense, como o son o rock and roll, o blues, o góspel, o country e o swamp rock.

Cun son fiel e unha formación idéntica á orixinal, The Clearcover Revival trasladarate á California de mediados dos 60, conseguindo que todos os presentes viaxen no tempo á época do Flower Power.

A batería simple pero contundente. O baixo rouco e innovador. As guitarras bastas, sucias, pero conmovedoras. A voz potente e espesa como o lodo do pantano. Este é o selo de identidade dos irmáns Fogerty, de Stu e de Cosmo; e isto é o que The Clearcover Revival levará ao escenario.

Prepárate para gozar dun repertorio infestado de cancións que marcaron unha época, crearon un estilo e deixaron millóns de seguidores ata o día de hoxe. Non deixarás de cantar durante todo o concerto porque… quen non coñece as cancións da Creedence?

comments powered by Disqus