Sábado 14 marzo de 2009 • 22:30 h Música | 5,00 €

Balea's Blues Quintet (O Morrazo)

O blues son as raíces, the blues are the roots, dicía o grande contrabaixista Willie Dixon. Todo o demais é froito. E sen dúbida o blues será o grande protagonista e o fío condutor da proposta que achegan ao Aturuxo, o vindeiro sábado 14 de marzo, os Balea’s Blues Quintet. Dende clásicos do xénero até as sonoridades máis frescas do blues actual: as raíces mesturándose con froitos que saben a soul, a latin-jazz… Soarán temas do Eric Clapton, da Etta James, Norah Jones, Corinne Bailey, Scott Henderson, acompañados dalgúns arranxos propios de standards do jazz. A formación canguesa intégrana Nerea (voz), Gabi (guitarra), Moncho (baixo), Alex (piano) e Anxela (batería).

Visita a web de Balea’s Blues Quintet